BARBANZA> O grupo BNI TerraMar Barbanza celebra este ano o seu sétimo aniversario. Por tal motivo este vindeiro venres organiza un acto no restaurante Baiuca en Ribeira ó que asistirán diversas autoridades, entre os que se atopa o propio conselleiro de Industria.
Na actualidade son xa 19 as empresas que forman parte de BNI Terramar Barbanza que representan a distintos sectores. Reúnense tódalas semanas co obxectivo de establecer contactos e crear relacións para seguir xerando riqueza nesta comarca.
A cifra de negocio xerada neste último ano polo grupo ascendeu a 1’6 millóns de euros, que se o estendemos ós sete exercicios dende a súa constitución, en 2016, achégase ós preto dos quince.
Entre os seus obxectivos atópase o de seguir medrando, polo que abren as portas a novos membros nesta comarca..