Vilagarcía oferta un plan de emprego para reinsertar a 75 parados da vila

    planempregovilagarca_100.jpgVILAGARCÍA > Casar a demanda laboral e o perfil do traballador é o obxectivo que busca o plan de emprego posto en marcha polo Concello de Vilagarcía. Unha iniciativa …

    … que o goberno local repite por cuarta vez consecutiva grazas as axudas aportadas pola Consellería de Traballo. Porén desta vez o programa non se vai orientar en ofrecen formación nunha serie de empregos determinados, senón en ofrecer unha formación á carta ós demandantes de emprego, en función das súas cualidades e intereses, e tamén das necesidades laborais existentes.

    75 persoas, seleccionadas das listas do paro, van participar nesta iniciativa. O Concello escollerá a aquelas pertencentes ós colectivos con máis dificultades para atopar un emprego: mulleres, mozos sen experiencia e parados de larga duración, e preparará un itinerario orientativo-formativo que servirá de intermediador laboral.

    O obxectivo de inserción deste programa é dun 35 por cento, aínda que os datos tidos en edicións anteriores fan pensar que se poida chegar ó 50 por cento. Ademais o curso tamén se abre a persoas interesadas en crear a súa propia empresa.

    Redacción Salnés