![]()
VILAGARCÍA> O deputado socialista pídelle encarecidamente a Rosa Quintana que rectifique a súa postura e protexa este produto galego. Modesto Pose afirma que traerá repercusións na economía galega.
{flowplayer}images/salnes/PSOE_MEXILLON.flv{/flowplayer}
Os socialistas aseguran estar moi preocupados pola situación que está a vivir o sector mexilloeiro. Afirman que non conta con ningún apoio da Consellería do Mar, e por ende, do Goberno Galego. Modesto Pose manifestou que xa tiña bastantes problemas o sector para que a Xunta lance un ataque directo contra o mexillón.
O deputado do PSOE sostén que se publicaron datos sen contrastar e que dende a Consellería de Rosa Quintana se está producindo unha agresión contra o Consello Regulador, que ten un significado de unidade para o sector.
Pose reclámalle á conselleira do Mar que rectifique a súa postura de non recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza galego, a que anula o regulamento da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. Sinala, que esa debe ser a maior preocupación de Quintana.
O socialista afirma que é necesario integrar e coordinar a todos os membros do sector. Asegura que se non se establece unha cohesión o problema vai resentir de forma contundente na economía galega.
Redacción Salnés





