Quintana: ‘Carril perde unha oportunidade rexeitando a ampliación da lonxa’

    VILAGARCÍA> Carril está a perder unha oportunidade ao rexeitar o proxecto de ampliación da lonxa presentado pola Xunta. Segundo a Conselleira do Mar, trátase da mellor solución e a Xunta conta cos cartos necesarios, de aí que a decisión final dependa do patrón maior e da xunta xeral da confraría, que ata o de agora rexeitaron a ampliación. Rosa Quintana fixo estas declaracións ao seu paso por Vilagarcía, onde inaugurou o foro de promoción portuaria.

     

    A Conselleira do Mar foi a responsable de inaugurar o foro que hoxe acolleu a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Un encontro pensado para dar a coñecer as oportunidades de negocio que ofrece o porto da capital arousá, especialmente a dispoñibilidade da conexión intermodal marítimo-ferroviaria.

    A conselleira definiu este foro como un punto de inflexión. Asegurou que a combinación barco-tren supón unha mellora da competitividade e da eficiencia, e felicitou a xestión que está a levar a cabo a actual Autoridade Portuaria.

    Segundo Rosa Quintana, o porto de Vilagarcía sitúase como o segundo de Galicia en tráfico de colectores. Só no 2013 moveu preto dun millón de toneladas de mercadorías.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/conselleira_autoridade_portuaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/conselleira_autoridade_portuaria.mp4{/flowplayer}