O executivo local espera aprobar este venres os orzamentos

    orzamentos_pontecesures_100.jpgPONTECESURES > O Concello de Pontecesures espera aprobar para este venres os orzamentos municipais para o 2008. Este ano o presuposto ascende a 2.170.000 euros,

    … apiques 100.000 máis que o do 2007. Porén as partidas destinadas este ano a inversións, principalmente na rede de saneamento que necesita unha mellora en toda a vila, vanse reducir de xeito importante. O motivo, que o Concello ten que pagar neste exercicio unha expropiación feita no 2000 para a ampliación do recinto escolar.

    A mellora dos servizos de saneamento, o campo de fútbol de herba sintética, a rede wifi, a remodelación do camposanto, a adquisición dun vehículo contra incendios ou a compra de equipamentos para Protección Civil son algunhas das inversións máis importantes no Concello neste ano, para as que destina algo máis de 277.000. O groso destas inversións fináncianse con aportacións da Deputación e da Xunta. A partida máis custosa no apartado de gastos no orzamento volve a ser como de costume a de persoal, con 860.000 euros.

    Redacción Salnés