O Bar Carballeira volve a ser obxecto dun roubo

     RIBADUMIA> Aínda que as perdas non son cuntiosas, o feito de que os roubos se veñan repetindo con tanta asiduidade preocupa, e moito, ós propietarios.

    {flowplayer}images/salnes/RouboBarCarballeira_070313.flv{/flowplayer} 

    É a terceira vez en apenas un mes que os ladróns visitan o Bar Carballeira, en Ribadumia, e os seus donos comezan a estar fartos. O modus operandi volveu a ser o mesmo, forzaron unha ventá do lateral do establecemento e levaron todo o que puideron. A alarma que teñen instalada, non sonou. 

    O botín desta volta non foi moi grande, tan só as moedas da tragaperras e non os billetes. Nos anteriores roubos as perdas foron maiores, xa que os delincuentes levaron numerosos boletos de lotería, cartos en metálico e un televisor de 42". Cuantifican as perdas en torno ós 5.000 euros e os seguros pouco ou nada queren saber deles. 

    Os propietarios do Carballeira aseguran que non saben quen pode estar detrás deste roubo e dos anteriores, xa que son unha familia querida e coñecida en Ribadumia. Con todo, pensan que os ladróns deben ser veciños da zona.

    Redacción Salnés