Os bateeiros estudan unha ou dúas rodas de venda de mexillón

    reunion_bateeiros_pesca100_190908.jpgSANTIAGO > Dúas rodas ou unha. Isto é o que debaten agora Arousa Norte e Pladimega, dúas das organizacións de produtores de mexillón enfrontadas.

    {flowplayer}images/salnes/REUNIONS_BATEEIROS_PESCA.flv{/flowplayer}

    SANTIAGO > Dúas rodas ou unha. Isto é o que debaten agora Arousa Norte e Pladimega, dúas das organizacións de produtores de mexillón enfrontadas. A Consellería de Pesca conseguiu sentalos onte á mesma mesa. Ambas defenden unha organización de produción cun control único pero discrepan no reparto. Arousa Norte pide distinguir o mexillón grande do pequeno na venda, e Pladimega insiste en que haxa unha única roda de venda.

    De momento, ninguén quere dar o brazo a torcer para rematar co conflito mexilloeiro. Pero polo menos, comeza a haber achegamentos. O primeiro, onte á tarde na Consellería de Pesca. Tras reunirse primeiro co Carmen Gallego, Arousa Norte accedeu a falar con Pladimega. Segundo explicou a conselleira, ambas están de acordo en organizar a produción, pero ningún quere ceder á hora de establecer o reparto para cada organización.

    A conselleira confía en que o achegamento estea preto polo ben do sector. Nos cocedoiros xa se esgotou o mexillón descargado o martes do disturbios de Vilanova e os depuradores, di Carmen Gallego, non poderán aguantar máis alá do luns. Gallego entende que os produtores deben ser capaces de artellar un sistema de organización da produción que dea resultados e que a partir de aí é cando deben falar cos seus clientes, enténdase cocedoiros, depuradores e conserveiras. A conselleira lémbralles que o mexillón galego é o primeiro produto do mar que ten Denominación de Orixe Protexida e pídelles que non perdan esta oportunidade.

    Virxe do Rosario, a outra organización minoritaria, tamén estivo en Santiago, pero negouse a sentarse con Pladimega, debido ós incidentes do porto de Vilanova.

    Redacción Salnés