A Xunta formará a 35 desempregados de Vilagarcía

    VILAGARCIA> A Xunta investirá 420.000 euros na formación de desempregados do concello de Vilagarcía. Esta mañá o delegado territorial en Pontevedra, acompañado do alcalde vilagarciá, presentaron os catro novos Obradoiros de Emprego, dous deles destinados a formar mozos en paro, como socorristas e auxiliares deportivos. En total son 35 as prazas que se ofertan para os catro obradoiro de emprego que o concello de Vilagarcía pretende poñer en marcha a partir de setembro. Os dous módulos destinados a maiores de idade son os de Carpintaría e Fontanería, con vinte prazas. E os dous obradoiros pensados para menores de 30 anos en paro, incluídos no programa Laborxoven, formarán a 15 mozos como socorristas e monitores deportivos. O delegado territorial da Xunta destacou a inversión realizada, uns 420.000 euros, da entidade autonómica, e algo máis de cincuenta mil por parte do concello, entre os catro obradoiros, debido á importancia de inserir a esta mocidade no mundo laboral. Cores Tourís destacou tamén no acto o dinamismo dunha comarca como o Salnés neste aspecto . No total da provincia de Pontevedra formaranse unhas 450 persoas en 23 obradoiros de emprego. Está previsto que estes novos obradoiros de Vilagarcía comecen a impartirse a partir do 15 de setembro.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí