VILAGARCIA, CALDAS> O incendio de Xiabre devastou esta noite máis de 450 hectáreas de monte. Veciñanza e forzas de emerxencias estiveron durante toda a noite loitando contra as lapas para evitar que o lume chegara as casa. A situación xa está controlada pero aínda mantense a situación de emerxencia 2 como medida preventiva.
Vilagarcía e Caldas viviron a noite deste martes un novo capítulo da historia negra dos nosos montes. Con medo, tensión pero sobre todo moita loita, a veciñanza destes concellos xunto cos equipos de emerxencia enfrontouse ao lume do monte de Xiabre durante toda noite.
O lume declarouse ao redor das 8 da tarde na zona da Porteliña en Caldas e rapidamente estendeuse por Xiabre ata Vilagarcía, nas zona de Castrogudín, o Vento e Aldea de Arriba en Cea, arrasando 450 hectáreas. Pola noite os equipos aéreos non poden participar e os de terra dividíanse como podían para apagar todas as lapas, especialmente naquelas zonas máis perigosas para a veciñanza.
Os veciños denuncian que os montes non están protexidos como debían e sinalan que os principais problemas son a falta de prevención e o mal coidado dos terreos por parte dos donos das parcelas.
O lume conseguiu controlarse ao redor do medio día deste venres tras máis de 20 horas de loita. Aínda así os equipos de emerxencias manteñen a situación de alerta 2 como precaución para evitar que se reavive.