“Goza do Ulla” presentouse este xoves en Vilagarcía

VILAGARCÍA> “Goza do Ulla” presentouse este xoves en Vilagarcía. Unha excelente opción de ocio coa que coñecer mediante diferentes roteiros as marxes polas que discorre o río Ulla.
Uns 20 concellos participan na nova edición do “Goza do Ulla”. Unha excelente actividade, coa que mediante diferentes roteiros, poderán coñecer as paraxes que depara o percorrido do Ulla dende Antas de Ulla ata a desembocadura na capital de Arousa.
Ao acto, presidido por Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, asistiron numerosos representantes dos diferentes concellos participantes. Esta iniciativa comezará a vindeira fin de semana, do 26 de maio en Monterroso, e rematará no mes de Outubro, en Vila de Cruces.
No acto ademais adiantouse a intención de crear unha “gran ruta” continuada na que se contemplen todos os concellos situados a ambos lados do cauce do río ao longo do seu percorrido.