Os vertidos e os depósitos de Ferrazo preocupan ó sector do mar de Vilanova

    carmelaalfonsobieitolobeira_100_180407.jpgVILANOVA > A candidata nacionalista reuniuse con representantes do sector do mar. Carmela Alfonso estivo acompañada do deputado Bieito Lobeira.

    A candidata do BNG de Vilanova continúa coa súa xeira previa ás municipais. A pasada noitiña estivo co colectivo relacionado co sector do mar, que lle plantexou as súas principais preocupacións, entre elas, as relacionadas cos residuos que afectan ás súas concesións.

    Tamén preguntaron sobre a posibilidade de ter un espazo para construír e desmantelar bateas e sobre a situación dos depósitos de Ferrazo, aproveitando que na visita estaba tamén o deputado nacionalista Bieito Lobeira. Éste explicoulles as xestións que está a levar a cabo o seu grupo para mellora-las condicións de mariscadores e mariñeiros tentando cambiar normas desfasadas e prexudiciais para o sector, e explicoulles a política do BNG en materia marítima.

    Deste xeito o BNG aposta por un proxecto común de goberno, que comece nos propios concellos e chegue ata a Xunta. A vindeira reunión de Carmela Alfonso, será cos xóvenes, un colectivo que a candidata considera totalmente esquecido da política local nos últimos anos e ó que espera motivar de novo para que Vilanova volva se-lo concello dinámico de hai anos.

    Redacción Salnés