Dúas victorias e dúas derrotas, balance da 4ª xornada

futbol250_220908.jpgSALNÉS > Victoria balsámica para o Portonovo en Cangas, que abandona o último posto da clasificación en detrimento dun Arousa, que continúa sen levantar cabeza. A mellor nova deuna o Céltiga, que fixo un partidazo en Negreira e tróuxose os tres puntos.

Dúas victorias e dúas derrotas para os equipos do Salnés nesta cuarta xornada.

Freazo nas aspiracións do Vilalonga, que caeu en San Pedro ante un dos galos da categoría, o Ourense (0-2). Os de Gabi Leis fixeron o peor partido do que vai de liga ante un rival que foi superior. José Arenas adiantou os ourensáns ós 10′, e a partir de ahí dominaron. Aínda así, Pillado puido facer a igualada se tivera estado máis acertado nun man a man con Berto. A sentencia chegou a dez para o remate cando de novo José Arenas batía a Roberto Pazos. O Vilalonga queda agora en metade da táboa con cinco puntos.

O Portonovo venceu  nun dos campos máis complicados da Terceira como o é o do Alondras (0-1). O solitario gol de Miguel no 66′ decidíu, e permite ós de Milucho saír dos postos de descenso.

Precisamente o que non sae de ahí é o Arousa, pechacancelas agora. Os de Laxes melloraron a súa imaxe con respecto a partidos anteriores, pero non foi sufieciente. Iván marcou ós 9′ o gol dos Santa Comba. 0-1.

O Céltiga pola súa banda venceu nun encontro tolo ó Negreira por 2-3. Adiantáronse moi cedo os locais, pero remontaron os de Josiño con tantos case consecutivos de Kelvin e Óscar Blanco, no 31′ e no 32′. Cando mellor estaba o Céltiga, atopáronse cun gol en contra antes do descanso, dos chamados psicolóxicos, que reestableceu a igualada. Pero tralo paso polos vestiarios, Peloto fixo o 2-3, César parou un riguroso penalti a Julían e o mesmo Julián estrellou un balón no longueiro que puido ser o empate, no 94′. E iso que remataron con dez pola expulsión de Albert a dez do final. Así resistíu o Céltiga. Segunda victoria consecutiva para os da Illa que son agora sextos na xeral.

Destacar tamén os resultados de Preferente Autonómica nos que Unión do Grove e Sanxenxo empataron sen goles no derbi celebrado en Monte da Vila, mentres que o Ribadumia venceu na Senra 2-1 ó Marín.

Redacción Salnés