Cambio de titulares en prata e bronce sendo segundo o canario Alonso Pérez e terceiro o barcelonés Guillem Dengra.
En Portosín, sede do Campionato de España de ILCA 4, respirábase alivio o completarse unha manga máis en ambos grupos Amarelo e Azul, nuha xornada difícil polas condiciones de mar e viento, na que se chegou a registrar algún pico de 30 nos (unhs 60 km/h) cunha media de vento de entre 15-18.
Na clasificación femenina é líder a regatista do Club Náutico de Altea, Clara Sophie García. A alicantina ocupa a praza número 21 da xeral, con 33 puntos (20-8-23-5).
Respecto á frota gallega, o primeiro clasificado é o vigués Fernando Campos, do Club Marítimo de Canido, que ocupa o posto 12 da xeral, a tan só dous puntos do Top Ten do campionato. Séguelle Bruno Iglesias, do Club Náutico y Deportivo de Riveira, no posto 23, co tamén vilagarcián do Real Club Náutico de Vigo, Ramón Rey, no posto 24.
A intención do Comité de la Regata para este sábado, se a meteo o permite, é tentar sacar a frota con menos vento e intentar completar tres mangas, xa na fase de finais.
Poden seguir os resultados da Copa de España de Ilca 4 na seguinte ligazón:
https://2024ctoespilca4.sailti.com/es/default/races/race-resultsall











