Arranca unha nova edición do ‘Noia Actívase’

NOIA> A iniciat, organizada pola concellería de Deportes, ofrecerá distintas modalidades deportivas en plena rúa. As actividades serán gratuítas. Incluirá zumba, body jump, pilates, GAP ou ioga, entre outras.

O éxito da proposta levada a cabo o pasado ano foi unha das razóns polas que a concellería de Deportes noiesa volve a organizar o programa Noia Actívase. Unha iniciativa de deporte na rúa na que se ofrecerán distintas modalidades deportivas tanto para nenos coma adultos, como é o caso zumba, body jump, pilates, GAP ou ioga, entre outras, impartidas por profesionais da vila.

O programa desenvolverase dende hoxe ata o próximo 3 de setembro, con dous horarios diferentes, un de mañá e outro de tarde. As actividades serán totalmente gratuítas e non será necesario inscrición previa.

Aqueles días de chuvia as clases dos nenos trasladaranse para o pavillón Agustín Mourís e as de adultos para Alonso Rodríguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí