Arousa Norte organiza o I Campionato de Mushing no Barbanza

POBRA> A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organiza o primeiro torneo de Mushing na comarca. Ademais de promover esta disciplina deportiva, o campionato presenta unha vertente solidaria xa que contribuirá a facer visible a loita contra a enfernidade da ELA, a Esclerose Lateral Amiotrófica. O concello da Pobra do Caramiñal foi o escenario da presentación do primeiro Torneo de Mushing Arousa Norte que se desenvolverá a vindeira fin de semana, do seis ó 8 de marzo. Trátase dunha actividade deportiva, que aínda que novidosa está en auxe no noso país, sendo cada vez máis as persoas que o practica. Esta foi unha das principais razóns que levou a Arousa Norte a apostar por este tipo de probas deportivas e atraer de paso a visitantes a coñecer a nosa comarca. A proba, que estará incluída no terceiro circuíto estatal de media distancia, contará con distintas categorías que incluirán canicross, bikejoring, patín, triciclo e cart. A día de hoxe xa hai confirmada a presenza duns quince equipos chegados dende diferentes zonas do ámbito nacional. Ademais a actividade terá tamén unha vertente solidaria xa que contribuirá a facer visible a loita contra a enfernidade da ELA.