Mari Paz Vilas dará nome ó campo do Bamio

VILAGARCÍA> O campo de fútbol de Bamio levará o nome de Mari Paz Vilas, xogadora de fútbol nada nesta parroquia de Vilagarcía e que actualmente xoga en Valencia. Anunciouno esta mañá o alcalde Alberto Varela durante a visita ás instalacións, que veñen de ser homologadas pola Federación Galega de Fútbol.

 

 

O Bamio estreará este domingo as instalacións do campo de fútbol renovado e que vén de recibir a homologación da Federación Galega de Fútbol para acoller encontros oficiais.

 

Día grande por partida dobre xa que esta mañá o alcalde de Vilagarcía desvelaba á directiva o novo nome que se lle dará ás instalacións. Será o de Mari Paz Vilas, xogadora de fútbol nada nesta parroquia e que na actualidade xoga en Valencia.

 

Con esta proposta o concello quere impulsar e recoñecer o deporte feminino no municipio. Á espera de que Vilas se poida achegar á súa terra para ver o campo ó que dará nome, esta mañá membros da directiva e do concello pasaban revista ó resultado das obras de remodelación que levou a cabo a Deputación e apuntaron os detalles pendentes.

 

O terreo de xogo mide 99 metros de longo e 55 de ancho e esta acondicionado para a práctica de fútbol 7, 11 e rugby.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/29/CAMPOBAMIO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/29/CAMPO_BAMIO.mp4{/flowplayer}