![]()
POBRA > O cativo de tres anos que se precipitou dende a ventá dunha vivenda emprazada na rúa Gasset no concello da Pobra, faleceu esta mañá no Hospital Clínico de Santiago por mor das lesións irreversibles que lle provocou o forte golpe .
A gravidade das feridas que presentaba o rapaz fixo necesaria a mobilización do Helipcótero 112 que aterrou, baixo unha gran expectación, na praza Durán Casais da Pobra.
O accidente acontecía onte, ó redor das catro da tarde. Segundo varias testemuñas, un cativo de curta idade precipitábase dende unha das fiestras dun edificio situado na rúa Gasset e caía a estrada comarcal. Enseguida se deu aviso aos servizos sanitarios que atenderon a vítima nunha ambulancia medicalizada no mesmo lugar do accidente, onde trataron de estabilizalo.
Posteriormente, ante os fortes traumatismos que presentaba o cativo, foi trasladado ata a Praza Maior na espera do helipcótero que o levaría ata o Hospital Clínico de Santiago, onde faleceu esta mañá.
A garda civil investiga cales poideron ser as causas do accidente, que causou gran conmoción entre os veciños da localidade.
Redacción Barbanza











