Veciños de Catoira opóñense ás construccións en Fonte Gaiteira

fonte_gaiteir100.jpgCATOIRA > Veciños de Catoira veñen de crear unha plataforma cívica para preservar o entorno de Fonte Gaiteira.

Arestora, o Concello está a construír neste lugar un novo auditorio e outra Casa Consistorial; unhas infraestructuras ás que os veciños non se opoñen a que se realicen pero quere que se executen noutro entorno.

Estes catoirenses recalcan a inmensa beleza e singularidade deste entorno que constitúe un lugar perfecto para o lecer dos seus veciños e para a celebración de diversas festas. Un sitio que está a beira dunha ponte, unha igrexa e os muíños que conforman un enclave patrimonial protexido; e que debera ser preservado como parte do patrimonio cultural e identitario deste concello.

Ata o de agora os veciños confiaban en que esta obra non se levase a cabo; é agora cando comproban os primeiros movementos cando se percatan de que a cousa vai en serio e de que poderían perder un espazo natural coma este.

Para informar os veciños desta execución de obra e amosar a súa disconformidade ca mesma, estes afectados convocaron una concentración neste mesmo entorno de Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo ás doce da mañá.

Desde esta plataforma cívica que se ven de crear recalcan que o seu interese só se debe a preservación deste espazo e que non persegue ningún tipo de pretensión política. Porén, xa conta con numerosos apoios como a do colectivo ecoloxísta Adega, e do Partido Popular de Catoira.

Redacción Salnés