Aprobada a conta xeral en Rianxo cos votos a favor de BNG e PSOE

    RIANXO> O executivo rianxeiro, grazas ó apoio do grupo municipal socialista, foi quen de sacar adiante onte pola noite en pleno a conta xeral deste ano. Rianxo en Común abstívose e o Partido Popular votou en contra. Dende o equipo de goberno valorouse moi positivamente o avance acadado nun dos seus principias obxectivos, como é o da redución da forte carga financeira e a débeda municipal. Neste sentido aluden a que as contas ratifican a aposta do Concello pola recuperación da súa autonomía financeira co pago de boa parte da débeda bancaria neste mesmo ano 2015. Un ritmo de amortización que mesmo os propios servizos de intervención municipal recoñecen como moi elevado no seu informe, destinando actualmente o 22% do seu orzamento a pagar os préstamos vixentes e tamén os anteriores ó ano 2009.