A corporación pobresa busca consenso nas alegacións ó macropolígono

    reunionpoligono_100_250908.jpgPOBRA > Técnicos de Vivenda desprazáronse ata o concello da Pobra para informar sobre o proxecto do macropolígono industrial do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/reunionpoligono.flv{/flowplayer}

    O punto principal que centrou a reunión foi a necesidade de estudar unha nova depuradora. Representantes dos tres grupos políticos coincidiron na instalación dunha estación depuradora propia que á súa vez podería estar conectada coa depuradora da Tomada. Deste xeito, o concello contaría cun sistema independente para residuos domésticos e outro para os industriais. Os técnicos ratificaron a viabilidade desta opción aínda que será preciso realizar un estudo máis detallado para deseña-lo proxecto.

    Canalización das augas

    A outra cuestión fundamental foi a canalización das augas. A prioridade para a corporación municipal é que se manteña o servizo que as fontes, regatos e manatiais dan ós veciños na actualidade. Por iso, aqueles que resulten afectados serán canalizados axeitadamente para evitar que queden soterrados.

    Alegacións consensuadas

    A intención dos tres grupos políticos que conforman a corporación local é consensuar unha seire de alegacións, relativas a estes dous aspectos, para presentar ó proxecto antes de que remate a fase de exposición pública o vindeiro 21 de outubro. Para elo, volverán manter unha nova xuntanza o vindeiro martes día 30 de setembro.

    Redacción Barbanza