POBRA> Pechadas xa as inscricións, na proba, que terá lugar este vindeiro domingo 26 de maio, participarán unhas 250 persoas.
Inscrita no Circuíto Trail Series 2024 que organiza Arousa NeO, o trail de San Isidro dividirase en dúas distancias, unha longa de 21 quilómetros e outra curta de 15, ás que se sumará tamén unha andaina.
A deste domingo será ademais a terceira e derradeira proba do Circuíto Trail Series 2024, polo que ese día coñeceranse ós gañadores de cada categoría.
Dende o concello da Pobra destacaron a importancia deste tipo de citas deportivas, que cada vez contan con maior número de adeptos.











