O BNG denuncia irregularidades na permuta dun terreo municipal

    bngribeira_100_290307.jpgRIBEIRA > O BNG denuncia as supostas irregularidades cometidas polo executivo na permuta dun terreo valorado por debaixo do seu prezo de mercado.

    O BNG ribeirés calificou de ‘ganga’ a operación que pretende levar a cabo o goberno municipal consistente na permuta dunha parcela de 700 metros cadrados, situada en Fafián, con 877 metros de aproveitamento por unha finca de 900 metros cadrados na Fieiteira.

    O executivo valorou a parcela de titularidade municipal en 35 mil euros, contía notablemente inferior ó seu prezo de mercado, segundo denuncian os nacionalistas, mentres que a finca da Fieteira foi valorada en 32 mil euros, cando o seu propietario vén de adquirila 42 mil euros.

    Para os nacionalistas, a acción aprobada polo goberno contribúe unicamente a hipotecar o aptrimonio de tódolos ribeireses. Ó seu entender, o lóxico sería que esta parcela saíra a subhasta pública ou, de non ser así, se realizara unha valoración externa do seu prezo real. Ademais os nacionalistas insisten en que este solar debería destinarse á connstrución de vivendas de promoción pública, das que existe gran necesidade no concello.

    Dado que o acordo da permuta xa foi aprobado no pleno, os nacionalistas veñen de inicia-los contactos con varios técnicos e avogados e, en caso de ser necesario, non descartan emprender accións legais.

    Redacción Barbanza