Ribeira avanza na compostaxe coa campaña ‘Ti tes a chave’

RIBEIRA> O concello de Ribeira está a desenvolver unha campaña divulgativa sobre o uso do contedor marrón. Durante a xornada de hoxe martes, estivo instalada unha mesa informativa na rúa de Galicia onde ademais os cidadáns puideron recoller as chaves para a apertura destes colectores.

O concello de Ribeira segue a apostar polo control responsable do lixo coa posta en marcha da campaña ‘Ti tes a Chave’. Un dos primeiros pasos é a simplificación do sistema de apertura dos contedores marróns que xa están instalados nas rúas do municipio. Para iso, o suplirá as actuais pechaduras de tarxeta electrónica por un sistema de chave mecánica, máis sinxelo de usar e cun custe de mantemento moito máis baixo.

Ademais da recollida da chave, na carpa instalada na rúa peonil que o xoves desprazarase ata a praza do concello, ofrécese información sobre o sistema de recollida selectiva e os residuos orgánicos que deben depositarse nos colectores da fracción resto.

As familias que desexen solicitar a chave e sumarse á separación e reciclaxe dos residuos orgánicos poden facelo cubrindo un formulario na propia web municipal: www.ribeira.gal. Durante o vindeiro mes de febreiro, tamén se vai levar a cabo unha campaña de información porta a porta ós grandes xeradores de residuos orgánicos, como son o sector hostaleiro e comercial entre outros.