O Cambados T.M. afronta unha campaña chea de retos

tenisdemesa250_021008.jpgCAMBADOS > Outra das ligas que comeza esta fin de semana é a do tenis de mesa. Por iso quixemos ver como afronta a temporada un dos equipos máis importantes do Salnés nesta deporte, o Cambados Tenis de Mesa. Manter ó equipo en División de Honra e o traballo coa canteira son os seus principais obxectivos para este ano.

Comeza a temporada para o Cambados Tenis de Mesa aínda que o seu primeiro equipo, o Establecimientos Otero, terá que descansar nesta primeira xornada antes do seu debut no País Vasco nun dobre enfrontamento en Vitoria e Irún os días 11 e 12. Un equipo que buscará manterse sen problemas na categoría, cun trío de garantías: Jacobo Enseñat, Eduado Barreiro e unha fichaxe, o chino Liu.

Na Segunda Divsión masculina as miradas centraranse en ver que é capaz de facer o Grupo Barros, que presenta un plantel deseñado decididamente para o ascenso. A Ñajo e Fernando Padín, súmaselles este ano Karol Hasek, un seguro de vida.

Na mesma categoría, aínda que con menores pretensións estará o Joiería Enrique, que terá as miras postas na permanencia.

En categoría feminina o Caixanova comezará a súa andadura en Primeira División recibindo en San Tomé ó Dubra Tambre.

En Primeira Galega presentarán ó Caixagalicia, tamén co obxectivo do ascenso. Neste equipo, como no alevín do Insucarpi, seguirase a traballar cos máis xóvenes. Unha canteira das máis preciadas da rexión que buscará repeti-los éxitos acadados a pasada temporada.

Redacción Salnés