SANTIAGO > Consellos reguladores, viticultores, adegueiros e sindicatos agrarios reuníronse hoxe en Santiago para asinar un novo…
… manifesto de rexeitamento ó actual anteproxecto da Lei Integral de Drogodependencias e outros Transtornos Aditivos, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Os presidentes dos cinco Consellos Reguladores vitivinícolas de Galicia, entre outros, manifestaron a súa preocupación ante esta nova norma que podería supoñer na práctica importantes obstáculos da promoción, venda e consumo dos viños de calidade; así como outros inconvintes como perder as cuantiosas axudas económicas que a Unión Europea acaba de aprobar.
Ademais, representantes do mundo do viño de calidade defenderon a nobreza deste producto que forma parte da nosa cultura e historia.
En resumo, o que reclaman é que se retire a actual proposta e que se redacte unha lexislación propia que integre as medidas sanitarias necesarias para a protección da saúde e a prevención de consumo indebido de bebidas alcohólicas en Galicia.
Redacción Salnés