Martiñán: “Josiño está máis preto do Coruxo que de renovar”

martinan250_020609.jpgILLA> As negociacións entre o Céltiga e o técnico Josiño Abalde semella que están chegando á súa fin. O adestrador vigués está máis preto de asinar polo Coruxo que de renovar o seu contrato, polo que na Illa xa se puxeron mans á obra para buscar unha nova persoa que dirixa ó equipo a temporada que ven.

{flowplayer}images/salnes/Celtigamartinan_020609.flv{/flowplayer} 

Trala xuntanza mantida onte, Céltiga e Josiño Abalde cada vez están máis distanciados. As pretensións económicas do técnico vigués non son asumibles polo club e así llo fixeron saber. A falta doutra reunión que se podería producir mañá, Josiño ten pé e medio fóra do Céltiga. Algo que ven dado por unha oferta que recibíu por parte do Coruxo.

Pese a todo, que o Coruxo se metera por medio, non foi algo que lle paracera mal a Martiñán e á directiva.

Por iso xa traballan na búsqueda dun novo adestrador. O que pretenden é traer a un técnico contrastado e con experiencia aínda que non lle pechan as portas á outros máis novos que poidan chegar con ilusión. Pablo Vázquez, Pedro Ferreira ou Milo Abelleira, son algúns dos que foron sonando estes días para ocupar o vindeiro ano o banquiño do Salvador Otero.

Con todo a saída de Josiño non está confirmada ó 100%. Haberá que agardar a esa derradeira xuntanza que semella que servirá de despedida.

Redacción Salnés