Mariscadores de a flote de Noia acusan ó cabildo de non realizar os labores de limpeza

plagaestrelasnoia.jpgNOIA > Denuncian a escaseza de marisco nas zonas dos bancos marisqueiros da Misela e Broa por mor da presenza de estrelas de mar e cornetas.

Os mariscadores de a flote que nestes días traballan nos bancos naturais de Broa e A Misela toparon cunha desagradable sorpresa. Centos de estrelas de mar esgotaron gran parte da poboación de bivalvos destas zonas. O alto número destes depredadores mariños obrigou aos produtores a adicar a meirande parte da xornada de traballo de hoxe a retirarlos do mar. Esto está a motivar, que os mariscadores que están nestas zonas de traballo, non estén acadando o cupo diario de bivalvo, ca conseguinte perda de cartos para todos eles. Culpabilizan da situación ao cabildo da confraría, ao que acusan de realizar un xestión pésima das súas concesións e non preocuparse do seu mantemento e limpeza dos bancos marisqueiros.

{flowplayer}barbanza/plagaestrelasnooia.flv{/flowplayer}

Pola súa banda, dende a confraría de Noia aseguran que dende o mes de maio se están a realizan labores de limpeza dos bancos, pero que as estrelas de mar son unha especie moi invasora que aparecen de súpeto en grandes cantidades pero en zonas moi localizadas. O patrón maior, Santiago Cruz ten a certeza de que as acusacións proceden dun grupo moi reducido de persoas, moitas delas vinculadas a anterior directiva, que tenta aproveitar o inicio da campaña marisqueira para desestabilizar a confraría.

Redacción Barbanza