Boiro acolle o Campionato Galego de fondo en estrada

BOIRO> A vila boirense acollerá o Campionato de Galicia de fondo en estrada. Será este domingo, día 27, e nel participarán máis de 100 ciclistas de categoría cadete e xuvenil. Desde a organización destacan a dureza desta ruta. Esta mañá presentábase no concello de Boiro o Campionato Galego de Fondo en Estrada que se desenvolverá na localidade o vindeiro domingo 27 de xullo. A proba, organizada polo Club Ciclista Barbanza, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e o propio concello, ademais de numerosas firmas comerciais, irá destinada ás categorías cadete, xuveníl e féminas, coa participación dos mellores equipos da nosa comunidade. Os corredores deberán superar un trazado diferente para cada categoría, que percorrerá os concellos de Boiro, Rianxo e Dodro. Dende a Federación Galega de Ciclismo destacaron o alto nivel dos participantes. Pola súa banda, dende o concello boirense, mostráronse orgullosos por poder acoller unha vez máis unha proba desta categoría, grazas á organización do Club Ciclista Barbanza.