Junquera e Barbeito asinan unha fin de semana perfecta

futbolsala250_071008.jpgSALNÉS > Dobre victoria dos equipos do Salnés. O Grupo Junquera sacou adiante un complicado partido fóra da casa e mantén o liderato. Triunfo tamén para o Herrmanos Barbeito que sae así dos postos de descenso.

Outra victoria máis do Grupo Junquera, e xa van catro. Os de Diego Mollinedo están a asinar un excelente inicio ligueiro no que contan os seus partidos por victorias. A súa última víctima foi La Crema F.S. , de Negreira, ó que se impuxo a domicilio por 4-5.

O encontro foi dominado de principio a fin polos vilagarciáns, que impuxeron o seu ritmo de xogo e crearon ocasións dabondo como para ter acadado un resultado máis amplo. Dous goles de Marcos e un de Diego, puxeron na primeira metade as cousas de cara, á que se chegou ó remate con 1-3.

Houbo que sufrir tralo paso polos vestiarios, porque os locais reaccionaron e lograron empatar. Pero a tres para o final Ángel, e xusto despois Oscarín, asinaron dous tantos máis que lles asegurou os tres puntos ó Junquera pese ó empuxe final dos nicrarienses. 12 de 12 para os vilagarciáns, que recibirán na casa a vindeira semana a un conxunto a priori asequible como o Concello de Villamartín.

Victoria ademais adicada ó xuvenil Kinso, que sufríu a pasada semana un accidente de moto que o mantén internado no Hospital de Montecelo.

Pero se cabe a mellor nova da xornada deuna o Hermanos Barbeito, que semella que por fin comeza a carburar.

O protagonista do encontro foi sen dúbida Pitu, a nova fichaxe dos portonoveses que debutaba neste partido ante o Bueu e tivo unha actuación destacada ó ser autor de dous goles.

A primeira metade foi de tanteo dos dous conxuntos, que se preocuparon máis por defender que por atacar a portería rival. Xa na segunda parte ambos foron a polo encontro e nesa batalla de golpes o beneficiado foi o Barbeito, pese a que a dous para o final caía por 3-2. Ahí apareceron Lito primeiro e despois Pitu para dárllela volta ó resultado e traerse para Baltar os tres puntos: 3-4.

Esta victoria colócaos na metade da táboa e devólvelles moitísima moral para afrontar o vindeiro encontro na casa ante o Fisterra, sexto a día de hoxe na xeral.

Redacción Salnés