Protagonismo arousán no novo equipo de Fredi Bea

piraguismo_181109.jpgSALNÉS> O novo presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea, xa dispón do seu propio equipo. Entre os elexidos para formar parte da Xunta Directiva atopamos varios nomes coñecidos do piragüismo do Salnés, Manuel Isorna, Arturo Paz ou Félix Lamas, entre eles.

O grovense Fredi Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo dende o pasado día 1 deste mes xa pode contar coa súa propia Xunta Directiva, que presenta como novidade a existencia de tres vicepresidentes.

O seu novo asesor é Francisco González, o tesoureiro César Estévez, mentres que Santiago Sanmamed, o candidato derrotado nas eleccións, permanecerá como secretario da Federación.

O vicepresidente primeiro será Esteban Alonso; Xosé Enrique Rodríguez exercerá de vicepresidente segundo e responsable de slalom e augas bravas, mentres que Arturo Paz, do Piragüismo Illa de Arousa, formará como vicepresidente terceiro e resposable de ríos e maratón. Daniel Ángel Brage é o novo director técnico.

Asímesmo nomeáronse once vocias:  Ángel Barreiro, do Náutico Pontecesures, encargarase das relacións cos clubes; José Manuel Sánchez, responsable de árbitros; Félix Lamas, do Breogán do Grove, responsable de aguas tranquilas; Araceli Menduíña, responsable de kayak de mar de competición; Jaime Corral, de kayak de mar recreativo; e Manuel Isorna, técnico de As Torres de Catoira, responsable de adestradores. O responsable de kayak polo queda por determinar.

Por último o equipo completarase cos delegados nas diferentes provincias: Rafael Peláez (Lugo), Francisco Barreiro ( A Coruña), Raquel Rodríguez (Pontevedra) e Manuel Blanco (Ourense).

Redacción Salnés