O Vilalonga busca rexurdir no campo do Bergantiños

SALNÉS> Os de Gabi Leis veñen de caer goleados na casa fronte ó Racing de Ferrol e buscarán retomar a senda do triunfo canto antes.

O inicio ilusionante do Vilalonga semella que quedouse nunha mera anécdota logo das dúas derrotas que sufríu o equipo nas últimas xornadas e que devolveu ó conxunto celeste á parte da táboa para a que está deseñado.

Son catro partidos tan só os que se disputaron e as conclusións que se poidan sacar agora serán, case con total seguridade, erróneas. Pero o certo é que o equipo de Gabi Leis evidenciou ante o Racing de Ferrol certos problemas defensivos que lle poden custar moi caro se é que non os arreglan canto antes. De feito a día de hoxe son o conxunto máis goleado da competición. Tan só empeora os seus números o Somozas.

Con esa intención acuden ás Eiroas, coa de converterse de novo nun equipo serio dende a defensa. Precisamente nesa liña de retaguarda é onde Gabi Leis terá que afrontar as baixas de Avendaño e Nano, xa que ambos arrastran molestias dende hai días. Pese a iso, entraron na convocatoria. O que sí está descartado ó cen por cen é Fran Matos. A falta dunhas últimas probas médicas que o confirmen, todo apunta a que o ex do Céltiga podería sufrir unha rotura no ligamento lateral interno que o mantería apartado dos terreos de xogo en torno ós tres meses.

No que respecta ó Bergantiños é un equipo que se fai forte na casa, non en van os catro puntos que sumaron ata hoxe, acadáronos como local. Un campo, o das Eiroas, que históricamente se lle dá mal ó Vilalonga. Das dez veces que o visitou, tan só gañou nunha ocasión; polo demais, cinco derrotas e catro empates. O dato para ser optimista é que ese único triunfo chegou a temporada pasada, cando venceran na sexta xornada ligueira por 0-2. Agardemos que hoxe, na quinta entrega da liga, os celestes poidan repetir un resultado semellante.

Redacción Salnés