O cadro de persoal da policia local de Noia volta a normalidade

conflitopolicianoia_100_07102008.jpgNOIA > Coa volta ao traballo de tres axentes, xa se atopa operativa o oitenta por cento dos seus membros

A policia local de Noia volta a recuperar a normalidade logo que nestes días tres dos seus membros se derán de alta no servizo, polo que na actualidade traballan dez dos catorce axentes que conforman o cadro de persoal.

Recuperación quenda de noite

A edil de seguridade cidadá de Noia, Rosana Mariño mostrou a súa satisfacción e anunciou que esta fin de semana xa se retomará a quenda nocturna. Rosana Mariño non quixo falar de conflicto na policia local de Noia, tan só de baixas médicas en varios membros do corpo dándose a circunstancia de que coincidiron no tempo.

{flowplayer}barbanza/conflitopolicianoia.flv{/flowplayer}

Nestes días tiveron lugar varias incorporacións de axentes ao traballo, polo na actualidade máis do oitenta por centro do cadro de persoal se atopa traballando.

Rosana Mariño ademáis adiantou que nos vindeiros meses cubrirase a praza de xefe da policia local de Noia.

Pendentes días libres

Pola súa banda, o inspector xefe da policia local noiesa tamén se aledou de que a situación no cadro de persoal se normalice de vagar. Malia todo, Manuel González augurou que nas próximas semanas poderíase voltar a problemática anterior, dado que moitos axentes aínda teñen pendentes días libres e os correspondentes as vacacións.

No tocante a creación da praza de xefe da policia local, González afirmou que non ten sentido ningún, dado que a lei é moi clara neste tema, poi ao ser el o superior xerárquico este posto é da súa responsabilidade. Cree que este anuncio se fai co único pretexto de incomodalo.

A nova praza, engadiu o inspector, acarrexaría ademáis problemas xerárquicos a hora de dirixir a policia e ocasionaría gastos innecesarios ao concello de Noia, dado que tería que facer fronte a un novo soldo.

Redacción Barbanza