As Torres finaliza segundo na Regata Nacional de 1.000 metros

piraguismo250_130410.jpgPONTEVEDRA> O embalse de Pontillón de Castro, en Verducido, acolleu a Regata Nacional de 1.000 metros, unha proba clave para o deseño do equipo nacional de pista. Nos resultados individuais destacou o terceiro posto de David Mascato mentres que por equipos As Torres de Catoira rematou en segunda posición.

Tratábase do primeiro test de verdadeira importancia para a confección do equipo nacional en pista e coma sempre, os padexeiros galegos e especialmente os arousáns, deron a talla.

O mellor resultado na canoa senior foi o acadado polo grovense David Mascato que finalizou terceiro a cinco segundos do vencedor, o tudense José Luís Bouza. Yeray Picallo, do Náutico Firrete, rematou segundo. Nesta mesma proba Diego Romero, das Torres, foi quinto xusto por diante de Damíán Ramos, do Breogán do Grove, que traspasou a liña de meta antes que o seu compañeiro de equipo Ángel Cristian Ribademar, que foi oitavo.

En categoría xuvenil o triunfo foi a parar a mans de Antonio Manuel Lobato Isorna, de As Torres, nunha proba na que o padexeiro do Unión Boiro-Rianxo Alejandro Conde, quedou cuarto.

Lobato Isorna repetíu podium no C-2 xunto a Diego Miguéns, finalizando en segundo posición. Alejandro Conde fixo parella con Fabián Enrique e remataron terceiros.

Por clubes, eran sesenta os que entraban en competició, e como se agradaba a victoria do Kayak Tudense foi incontestable. Por detrás, As Torres de Catoira acadou o segundo posto dse xeito holgado, aventaxando en case 200 puntos ó Club Náutico Palma. Ás portas do caixón quedouse o Breogán do Grove tras rematar a competición en cuarto lugar.

Redacción Salnés