Feijoo pide paso a PSOE e BNG para que ‘Galicia avance’

    feijoo100_131008.jpgVILAGARCÍA > Os populares de Vilagarcía tiveron onte festa e con eles estiveron o presidente e mailo secretario xeral do PPdeG, …

    {flowplayer}images/salnes/festa_pp_131008.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Os populares de Vilagarcía tiveron onte festa e con eles estiveron o presidente e mailo secretario xeral do PPdeG, ademais dos responsables locais do partido. Alberto Núñez Feijoo animou ós presentes a unirse e votar para volver a por Galicia en pé e pediulles ademais a PSOE e BNG que lles deixen paso.

    Feijoo non escatimou en críticas para o bipartito da Xunta. Del dixo que levan tres anos derrubando grandes cuestións da sociedade galega, e criticou, entre outras, o atraso na autovía de Vilagarcía a Pontevedra. En especial dirixiuse ó BNG. Descartando calquera alianza cos nacionalistas, criticounos por pedirlles que apoiasen en Madrid os presupostos xerais do Estado.

    Na festa popular rendéuselle homenaxe a Manuel Mollinedo Pombo, edil popular en diferentes mandatos, a Benito Veloso, colaborador do PP e a Milos Iglesias, recentemente falecida, quen fora concelleira entre 2006 e 2007.

    Redacción Salnés