Carmen Gallego defende o traballo do Intecmar ante as críticas do sector

    VILANOVA > A conselleira de Pesca visitou esta mañá o Centro de Investigacións Mariñas de Corón, en Vilanova. Nunha época complicada para o sector mexilloeiro arousán, Carmen Gallego, defendeu a labor destes laboratorios, sobre todo, do Intecmar de Vilaxoán. Ademais lembrou que este mes se publicaría no DOG a orde que regula as subvencións por marea vermella.

    A liña de axudas pola marea vermella podería activarse antes de que remate o ano. Poderán disfrutar destas compensacións económicas os bateeiros e mariscadores sempre e cando o episodio tóxico obrigue a suspender a cría durante catro meses consecutivos ou cando as perdas xeradas representen o 35% de volume anual de negocio.

    A marea vermella que padecen as rías galegas iniciouse a finais do pasado mes de outubro e afecta á maioría dos polígonos e zonas marisqueiras de Galicia, con permanencia de toxina paralizante PSP e diarreica DSP, principalmente na boca das rías. As máis afectadas son as de Pontevedra e Arousa, nesta última só está aberto para o cultivo de mexillón o polígono Pobra A. A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, sinalou hoxe que este mesmo mes podería publicarse no Diario Oficial de Galicia, a orde que regula as subvencións por biotoxina.

    A conselleira de Pesca realizou estas declaracións durante a visita realizada este martes ó Centro de Investigacións Mariñas de Corón, en Vilanova. Acompañada da directora xeral de Innovación, Fátima Linares, e da delegada provincial de Pesca, Ángeles Montero, Carmen Gallego atendeu as explicacións do director do CIMA, Alejandro Guerra.

    A visita forma parte dunha ronda que está a realizar a conselleira polos centros adscritos ó seu departamento. A intención é dar a coñecer a labor deste profesionais á sociedade en xeral. Gallego tamén aproveitou para defender o papel do Intecmar de Vilaxoán, moi cuestionado estes días de marea vermella polo sector. A conselleira asegura que ‘son profesionais’, e que fan o seu traballo con tódalas garantías. Ademais anunciou que se incrementará a plantilla do Intecmar para poder máis mostraxes das que se realizan actualmente.

    Redacción Salnés