Arranca a VIII lexislatura do Parlamento Galego

    parlamento_100.jpgSANTIAGO> O Parlamento Galego votou hoxe a andar o que será a súa oitava lexislatura. A protagonista desta primeira sesión foi Pilar Rojo que obtivo…

     {flowplayer}images/salnes/010409_parlamento.flv{/flowplayer}

    … o respaldo pleno do seu partido, o Partido Popular, para saír escollida como a nova presidenta da cámara autonómica, namentres o PSdeG-PSOE e o BNG votaban en branco. O resto da Mesa está composta polo popular José Manuel Baltar, como vicepresidente primeiro, Ricardo Varela do PSOE como vicepresidente segundo, o popular José Manuel Balseiro como secretario e o nacionalista Anxo Quintana como vicesecretario do BNG.

    Nesta mesma sesión tamén tomaron posesión formal do seu escano os 75 deputados escollidos nas urnas o pasado un de marzo: 38 deles do Partido Popular, 25 do Partido Socialista e 12 do Bloque Nacionalista Galego. Destes parlamentarios, o 40 % son mulleres, a maior cifra da historia galega. Ademais, o 41 % dos parlamentarios son debutantes; sendo o Partido Popular o que máis novas caras presenta, 20, fronte ás 4 do PSdeG-PSOE e as 3 do BNG. Unha cifra que podería cambiar se o futuro presidente da Xunta escolle a algúns destes parlamentarios para desempeñar cargos de conselleiros; sería entón cando terían que renunciar a súa acta parlamentaria, tal e como xa anunciou o popular Alberto Núñez Feijóo.

    Aínda non hai data para a seguinte sesión na que presumiblemente será investido Alberto Núñez Feijóo como futuro presidente da Xunta de Galicia, aínda que todo apunta a que podería ter lugar despois de Semana Santa.

    Redacción Salnés