O Orange de Laureano Wizner, novo campión galego de Platu 25

platu250_131008.jpgVILAGARCÍA > O Orange, que saíu líder da xornada sabatina, beneficiouse da anulación das últimas tres mangas para impoñerse ó resto dos seus rivais e levarse o título.

Esta fin de semana disputouse en Vilagarcía o Campionato Galego de Platú 25, encadrado dentro da semana Mararousa.

O “Orange”, patroneado por Laureano Wizner proclamouse campión logo de non poderse disputar a última xornada, a de onte, por falta de vento.

O Orange foi o mellor nas cinco mangas que se disputaron, tres o venres e dúas o sábado, e levouse o título con holgura. As Laxas, de Pepe Lis, foi segundo e o Tuypan de Alberto García, terceiro.

En canto á representación local, o Vilagarcía patroneado por Carlos Paz non puido defende-lo título acadado o ano pasado e finalizou en cuarta posición. O Caixa Galicia, de Ero Pons, reamatou séptimo.

Redacción Salnés