O Portonovo sae dos postos de descenso tras vencer ó Narón

portonovo250_230309.jpgSANXENXO> O Portonovo colleitou a súa segunda victoria consectuiva, a terceira contando o partido de Copa. Tres puntos moi traballados ante o Narón que fan que os de Canle abandonen os postos de descenso. O novo pechacancelas é o Aousa que caeu ante o Montañeros. O Vilalonga empatou sen goles en Barreiro.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_230309.flv{/flowplayer} 

O Portonovo continúa coa súa escalada. As últimas victorias déronlle confianza ó equipo que sacou adiante un encontro complicado ante o Narón (2-1).

Os primeiros en avisar serían os visitantes, ó cuarto de hora, cun remate de Efrén que repelíu Úbeda. Os de Canle estaban a traballar ben en mediocampo onde presionaban e intentaban afogar ó seu rival.

Na primeira clara que tiñeron en ataque, puxéronse en vantaxe. Jacinto servíu para Álex, éste fixo a parede con Miguel e servíu atrás vendo a chegada dende a segunda liña de Nacho que batíu ó gardamallas visitante de tiro raso. Era o minuto 21.

A desvantaxe espoleou ós ferrolterráns que a piques estiveron de empatar nun testarazo de Álex. Pouco despois, Charlón si acertaría a rematar un centro de Juanito. Chegaba a igualada ó borde do descanso, que deixaba todo por decidir na segunda parte.

Tralo paso polos vestiarios os dous equipos, sabedores da importancia dos puntos foron a pola victoria. Primeiro avisaría o Narón. Marcos sacou unha man prodixiosa a cabezazo de Charlón e Juanito rondou o 1-2 cun chut dende fóra da área.

Os avisos do Portonovo chegaron en forma de longueiro; primeiro Miguel e despois Nacho á saída dun corner lanzaron ó travesaño.

O charrúa sen dúbida estaba a ser o xogador máis destacado dos locais. Ben na recuperación, notable na creación e sobresaínte no remate. A dez para o final, de novo asociouse con Álex para rematar coa testa directamente á rede.

A victoria deixa os de Canle un punto por enriba do Pontevedra B, que marca o descenso e con moita moral para afrontar os vindeiros choques ante os da parte alta; chegarán agora tres dos catro primeiros: Cerceda, Compos e Ourense.

O AROUSA DÉIXASE OUTROS TRES PUNTOS NA CORUÑA

O Portonovo deixa o último lugar da clasficación e quen o ocupa agora é o Arousa. Os vilagarciáns caeron onte pola mañá na Coruña ante o Montañeros por 2-1, logo de adiantarse no marcador por mediación de Jonathan pero non saber reter esa vantaxe. Añón fixo os dous tantos para os de José Ramón, que remontaron o encontro e continúan terceiros.

O Vilalonga pola súa parte xa é o mellor clasificado de entre os equipos do Salnés, pese a ter desperdiciado onte unha boa ocasión para gañar. Empataron sen goles ante o Gran Peña en Barreiro despois de perdeoarlle a vida ó seu rival. Quedan cos mesmos puntos que o Céltiga, en metade de táboa.

Ademais, esta xornada na Preferente Sur, o Sanxenxo impúxose no derbi ó Ribadumia por 3-2, mentres que o Unión achégase á permanencia logo de golear 3-0 ó Melias.

Redacción Salnés