Xornadas de portas abertas na piscina municipal

VILAGARCÍA> A piscina municipal de Fontecarmoa, xestionada por Serviocio, celebra esta fin de semana unhas xornadas de portas abertas. O evento está dirixido a todo o público en xeral e ofertará actividades tanto na piscina como no resto de instalacións.

{flowplayer}images/salnes/piscinaFontecarmoa_300910.flv{/flowplayer} 

A Piscina Municipal de Fontecarmoa vai celebrar estes vindeiros días 2 e 3, sábado e domingo, unhas xornadas de portas abertas nas que as súas instalacións poderán ser utilizadas polo público en xeral, de xeito gratuíto, sen necesidade de ser socio. Unha iniciativa que pretende fomentar a practica deportiva entre os vilagarciáns.

Haberá actividades de sala, como Indoor Walking, Hip-Hop, Capoeira, Aero Step, Defensa Personal ou Ciclo Indoor así como tamén na piscina, con hinchables, Aquagym ou pasillo flotante.

Os interesados deberán inscribirse na recepción da piscina de Fontecarmoa, onde deberán encher un formulario e anotarse nas actividades que desexen. Poderán facelo hoxe e mañá dende as 07:00 ata as 23:30, ou ben o sábado de 08:00 21:00. Ademais, os cen primeiros inscritos recibirán un agasallo.

Redacción Salnés