Presidencia subvenciona a ampliación da casa consistorial de Lousame

ampliacionconcellolousame_100_141008.jpgLOUSAME > A Directora Xeral de Administración Local e a delegada de Presidencia visitaron as obras de ampliación do concello de Lousame.

{flowplayer}barbanza/ampliacionconcellolousame.flv{/flowplayer}

As responsables da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, foron recibidas no concello de Lousame polo seu alcalde, Santiago Freire, quen lles quixo agradecer a colaboración do seu departamento nas obras de ampliación da casa consistorial.

A actuación dividiuse en dúas fases: a primeira iniciada no ano 2004 cando se procedeu reforzar a estrutura e acondicionamento exterior do inmoble. Nesta segunda fase, procedeuse ó acondicionamento interior para a distribución de novas dependencias así como á construción dun novo arquivo municipal nun edificio anexo posto que o anterior, situado na cuberta do edificio, chegara a provocar algunhas fisuras e ameazaba con danar a estrutura. Na pranta superior habilitáronse ademais catro novas oficinas. A actuación supuxo un investimento total de 150 mil euros.

A directora xeral de Administración Local, Berta Rodríguez, explicou que un dos obxectivos do departamento que dirixe é ampliar ou rehabilitar as casas consistoriais de xeito que ofrezan un mellor servizo ós cidadáns e unhas mellores condicións de traballo ós funcionarios e demais persoal.

Arquivos electrónicos

Consciente de que os arquivos municipais son unha das asignaturas pendentes posto que soen estar proxectados en prantas altas que non son a ubicación máis axeitada para estas instalacións, de cara ó 2009 ten pensado desenvolver un proxecto de informatización dos arquivos municipais en tódolos concellos galegos.

Trala ampliación acometida no concello de Lousame, queda pendente unha actuación exterior encamiñada a mellora-la accesibilidade e a dotación de mobiliario dalgunhas dependencias para o que o concello agarda contar novamente co apoio da administración autonómica.

Redacción Barbanza