SALNÉS > Tras cinco xornadas, o Grupo Junquera cedeu os dous primeiros puntos da temporada tras empatar na casa, o que lle fai perder o liderato. O Barbeito pola súa parte, goleu en Baltar e confirma así a súa recuperación.
Rematou a xeira de victorias do Grupo Junquera, aínda que os vilagarciáns continúan a sumar e puideron sacar un empate ante o Concello de Villamartín, equipo que visitou Fontecarmoa esta fin de semana.
O resultado final (7-7) foi o dun partido vibrante e con moitas alternativas. Empezaron con forza os de Diego Mollinedo, dominando o xogo e tendo a pelota e as ocasións, como soe ser habitual neles. Pronto comezaron a materializar esa diferencia na cancha tamén no marcador.
Con 4-1 no electrónico e a piques de chegar ó descanso, recibiron un tanto que lle deu moral ó Villamartín.
As perdas de balón e as imprecisións por parte dos dous conxuntos incrementáronse na segunda metade e puidose ver un auténtico festival de goles, con remontana incluida. Os visitantes puxéronse 6-7 por diante a tan só tres minutos para o final; pero ahí apareceu Ángel para facer o empate e asinar na súa conta un hat-trick. Gelabert e Marcos fixeron os outros tantos, dous cada un.
Agora o conxunto vilagarcián queda segundo na xeral a dous puntos do líder Cesuras.
O que se quere enganchar a esa parte alta da táboa é o Hermanos Barbeito que semella que agora sí comeza a funcionar. O Fisterra levouse no saco un 7-2 por parte dos portonoveses que foron donos do encontro de comezo a fin, favorecidos sobre todo polo acerto que tiveron nos dous primeiros minutos de xogo no que xa gañaban por 2-0, con goles de Lito e Javi Santos, que finalmente marcou catro.
O Barbeito terá unha boa oportunidade de continuar a súa escalada a vindeira semana en Arzúa, cando visite a cancha do colista da categoría.
Redacción Salnés