Socialistas pontevedreses analizan os Presupostos Xerais do Estado

    foto_psoe_100.jpgPONTEVEDRA > Os representantes socialistas na provincia de Pontevedra e os alcaldes dos distintos concellos pontevedreses tamén…

    … quixeron analizar os investimentos destinados a esta provincia nos Presupostos Xerais do Estado e avaliar as propostas dos orzamentos do executivo galego que serán aprobados o próximo xoves polo Consello da Xunta.

    Por unha banda, esta mañá reuníanse na cidade do Lérez, alcaldes da provincia co vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela; a secretaria da Organización, Mar Barcón; e o secretario provincial, Modesto Pose entre outros.

    Horas antes, xuntábanse en Caldas os alcaldes de Moraña, A Estrada, Cuntis e o propio alcalde Caldense. Todos eles estiveron acompañados da deputada autonómica socialista Carmen Cajide Hervés; quen resumiu a actuación realista e constructiva do presidente galego no pasado debate de autonomía, fronte a postura destructiva e lamentable do líder do PPdeG.

    Cajide Hervés fixo fincapé na política de emprego do goberno galego no que vai de lexislatura; asegurando que se chegaran a cotas históricas de ocupación e que diminuíu a taxa porcentual de paro nos últimos vintecinco anos; chegando a acadarse a maior cota de emprego feminino. Para seguir medrando neste eido, salientou a medida anunciada por Touriño de investir ata catrocentos trinta millóns de euros para apoiar de xeito extraordinario o emprego e a actividade económica.

     Noutra orde de cousas, tamén salientou a educación, a sanidade, o reequilibrio territorial, o saneamento das rías e a transparencia na xestión pública como principais apostas do goberno para estes tempos de crise.

    Estas propostas do goberno galego faranse extensibles a cada un dos concellos pontevedreses, onde tomarán forma de proxectos concretos de infraestructuras. Por exemplo en Caldas, remataranse os accesos como os da variante, viais como o que une este Concello con Moraña ou co porto de Vilagarcía, ou saneamentos en varios puntos do Concello, como serán os das parroquias de Sayar, Godos ou Carracedo. Proxéctanse tamén en Caldas grandes infraestructuras como a rehabilitación do Concello, a construcción da piscina municipal ou a ampliación do cemiterio.

    Redacción Salnés