A Fieiteira acollerá o XIII Canpionato Internacional de Taekwondo

RIBEIRA> Na proba, que terá lugar este sábado, está prevista a participación duns 500 loitadores, pertencentes a tódalas categorías, entre elas o parataekwondo. Uns 500 taekwondistas chegados de diferentes clubs de toda España e tamén de Portugal disputarán este sábado a décimo terceira edición do Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira: unha proba incluída no calendario oficial da federación galega que de seguro servirá de preparación para os próximos campionatos galegos. na proba daranse cita tódalas categorías, e como novidade, incluirase a modalidade de parataekwondo. Unha das principais novidades do torneo será a incorporación dun sistema de ‘video replay’. Lúa Piñeiro, Lara Ouviña, Fernando Rascado, Miguel Cortegoso, Miguel Martínez ou Pablo Carou, nas súas respectivas categorías, serán algún dos máximos favoritos a levarse a vitoria neste campionato que está organizado polo club local, o Natural Sport, e que conta coa colaboración do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Taekwondo. O prezo da entrada será de cinco euros por todo o día ou ben tres euros por media xornada de mañá ou de tarde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10OUTUBRO/16/presentacionopeninternacionaltaekwondoribeira161013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/presentacionopeninternacionaltaekwondoribeira161013.mp4{/flowplayer}