BOIRO > Mari Hermo Torrado lamenta o trato deficiente que ofrece a empresa concesionaria designada polo Sergas aos pacientes que utilizan o servizo para desprazase aos especialistas médicos en Santiago. Quéixase de importantes desaxustes horarios que obrigan a longas esperas no centro hospitalario compostelán.
Unha enfermidade dexenerativa condeou a boiresa Mari Hermo Torrado a unha cadeira de rodas e a ter contínuos problemas de saúde que a obrigan a acudir case a diario as consultas de distintos especialistas en Santiago.
Esperas de ata catro horas
Para poder realizar estes desprazamentos utiliza o Servizo de Transporte Sanitario Non Urxente, dependente do Servizo Galego de Saúde. Mari asegura que este servizo sempre se caracterizou por ser deficiente, pero dende o último cambio de empresa concesionaria a situación empeorou chegándose a producir desaxustes horarios que obrigan aos pacientes a agardar horas entre os traslados de ida e volta ao hospital.
Incumprimento do regulamento
Ademáis de trastornos na súa mermada saúde, estas longas esperas obrígana a realizar gastos e perda de tempo innecesarios ao ter que pasar todo o día no hospital. O regulamento do Sergas marca esperas máximas de corenta e cinco minutos nestes traslados. Mari exise un trato respetuoso e de calidade aos usuarios deste transporte, dado que non só é ela a única afectada.
Mari xa remitiu á Dirección Xeral do Sergas unha queixa formal por este asunto, pero de momento aínda non recibiu resposta algunha.
Dende a Dirección Xeral do Servizo Galego de Saúde admiten ter coñecemento desta protesta pero aseguran que se trata dun asunto privado e puntual.
Redacción Barbanza