Un monolito en homenaxe os ‘bos e xenerosos’

    trintaaniversarioambar.jpgPOBRA> A delegada territorial da Xunta preside o acto de descuberta dun monolito que conmemora o 30 aniversario da asociación AMBAR.

    {flowplayer}barbanza/trintaaniversarioambar.flv{/flowplayer}

    Un centenar de persoas asistiron esta mañá na Pobra do Caramiñal á inauguración do monolito co que a Asociación AMBAR quixo conmemorar o seu trinta aniversario. E que mellor lugar para ubicalo que a rúa Castelao, fronte ó centro sociocomunitario, sede durante moitos anos desta asociación para a atención de persoas con diversidade funcional. A presidenta da entidade, Milagros Rey, conxuntamente coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o rexedor local, Isaac Maceiras, foron os encargados de destapar a placa conmemorativa en homenaxe ós bos e xenerosos baixo os acordes do himno galego interpretado por unha banda de gaitas.

    Importante labor

    Tanto o alcalde como a delegada destacaron o labor desempeñado por esta asociación ó longo destes anos, contribuíndo a crear na comarca unha sociedade máis igualitaria, máis inclusiva e máis integradora.

    Autoridades

    Entre as autoridades que asistiron ó acto atopábanse os alcaldes de Boiro e Rianxo, o deputado autonómico, Santiago Freire, e varios edís das corporacións de Ribeira e Pobra. Tamén estiveron representados membros do tecido asociativo da comarca e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, así como tamén membros da actual e anteriores xuntas directivas de AMBAR.

    Redacción Barbanza