Denti e Sholokhova protagonizan a semana do Extrugasa

baloncesto250_161008.jpgVILAGARCÍA > A pívot catalana xa se incorporou ó grupo e disporá de minutos no partido do sábado ante o Ibiza. A rusa continúa a adestrarse á espera de que o seu representante chegue a un acordo económico co club para facer realidade da súa marcha.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_161008.flv{/flowplayer} 

Isaac Fernández tivo que tirar de inventiva nos últimos dous adestramentos e meter á forza un par de sesións de video. Sen previo aviso o pavillón de Fontecarmoa estivo ocupado por escolares ás horas as que o Extrugasa o ten reservado e tiveron que retrasar a súa sesión.

Aparte diso o Extrugasa está a pasar por unha semana atípica, pendentes da marcha definitiva de Victoria Sholokhova, que aínda se está a adestrar co grupo a falta de que representante de xogador e club cheguen a un acordo económico. 

Outra das cousas que preocupa é o baixo rendemento da americana Meredith Alexis que nos tres primeiros partidos cargouse de faltas moi cedo e a súa aportación foi practicamente nula. Podería seguir os mesmos pasos da rusa se é que non mellora, aínda que ata o momento non se está a buscar un posible recambio. 

Moitas das miradas no partido do sábado ante o Ibiza estarán postas na nova fichaxe, Aina Denti. Unha pívot, cinco pura, que ven a aportalo seu gran de area ó equipo, vella coñecida da afección e cuia adpatación seguro será boa. 

Con todo, o verdadeiramente importante comeza o sábado ás 19:30 en Fontecarmoa, hora á que darase o salto inial do Extrugasa – Ibiza, encontro no que as vilagarciáns buscarán a súa terceira victoria da temporada que sen dúbida daríalle moita tranquilidade para afronta-lo futuro e o inicio inminente da Eurocup.

Redacción Salnés