O buque Sunny Jane sae remolcado do porto de Ribeira rumbo a Santander

    trasladosunnyjane100.jpgRIBEIRA> Tres anos despois da súa chegada, o buque Sunny Jane abandonaba esta mañá o porto transportado por un remolcador.

    {flowplayer}barbanza/trasladosunnyjane.flv{/flowplayer}

    RIBEIRA> Tres anos despois da súa chegada ó porto de Ribeira, o buque Sunny Jane abandonaba esta mañá a dársena transportado por un remolcador que o levará ata Santander, onde será desguazado. A estreita colaboración entre Concello e Portos de Galicia fixo posible a venda da embarcación a unha empresa cántabra.

    O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, desprazouse esta mañá ata Ribeira para supervisar os traballos de remolque do mercante, que levaba tres anos amarrado na dársena despois de que os seus propietarios, de nacionalidade rusa, o deixaran abandonado coa súa tripulación a bordo. Durante este tempo o concello de Ribeira realizou diversas xestións para conseguir a retirada da embarcación que finalmente hoxe foi posible grazas á axilidade na xestión desenvolvida por Portos de Galicia.

    Minutos antes da retirada do buque, o alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, amosaba a súa satisfacción por librarse dunha carga económica que supoñía tamén un importante risco para os usuarios do porto. Tras finalizar a inspección por parte dos técnicos da capitanía marítima de Vilagarcía, a embarcación partiu cara Santander, onde será desguazada. Deste xeito os ribeireses perderán de vista este vello mercante que nos últimos anos xa se convertera nunha parte da paisaxe portuaria da vila.

    Redacción Salnés