O BNG boirense levará a pleno o control e transparencia das axudas públicas

BOIRO> O BNG de Boiro levará unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria para tratar de corrixir, o que ó seu xuízo é unha importante eiva que favorece a falla de control e transparencia das axudas públicas concedidas dende o Concello. Os nacionalistas fan alusión á carencia dunha norma fixa que regule de xeito claro e con criterios obxectivos as condicións que deben rexer as concesións de subvencións por parte do equipo de goberno. Por esta razón piden a constitución dunha comisión de traballo, formada por representantes dos grupos políticos e tamén técnicos, que se encargue de elaborar unha ordenanza municipal onde se recollan todos estes criterios coa finalidade de contribuír a unha maior equidade, publicidade e obxectividade na distribución dos recursos públicos. Unha norma ademais que, segundo eles, deberá estar aprobada con antelación á entrada en vigor dos orzamentos municipais deste ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí