O Vilalonga prepárase para ser o verdugo de Milucho

futbol250_171008.jpgSALNÉS > Achégase o derbi de maior rivalidade de cantos se disputan na Terceira. Unha derrota dos de Milucho poderíalle costar o posto ó adestrador vigués.

{flowplayer}images/salnes/derbi_171008.flv{/flowplayer} 

Vilalonga e Portonovo disputan este domingo en Baltar, a partires das 17:00 o derbi entre os derbis. Un encontro ó que os dous equipos chegan con estados de ánimo ben diferentes: os locais despois de ter sumado dúas victorias consecutivas ante rivais tan fortes como o Céltiga e o Santa Comba e o Portonovo, coa losa de tres encontros perdidos de maneira consecutiva e penúltimos na xeral.

Pese a que durante esta semana falouse moito sobre a posible continuidade de Milucho no banquiño portonovés, ó técnico non lle preocupa en exceso o seu futuro e confía en salvar a situación.

Os ánimos no Vilalonga son completamente diferentes. Gabi Leis poderá contar con tódolos seus xogadores para este encontro e pretender aproveitarse da posible ansiedade que poida amosar no seu xogo o cadro arlequinado. Por contra Milucho, terá as baixas seguras de Baptiste e Pablo, aínda que recupera a Curiel.

Vilalonga e Portonovo enfrontáronse na Terceira División e en San Pedro seis veces, con balance de tres victorias para os celestes, dúas para os portonoveses e un empate. O antecedente do ano pasado foi o 1-0 favorable ó equipo adestrado por aquel entón por Josiño Abalde que se beneficiou dun penalti dubidoso a cinco minutos para o final, transformado por Comesaña.

Así se plantexa o derbi: O Portonovo na corda frouxa e o Vilalonga que pode exercer de verdugo.

Redacción Salnés