Un modelo novo e complementario para a loita contra incendios

    proteccincivilvilagarca_100jpg.jpgVILAGARCÍA > A creación dun sistema complementario para a loita contra incendios no Concello de Vilagarcía foi un dos temas que centrou a xuntanza desta mañá da …

    … directora xeral de Protección Civil coa alcaldesa da localidade. Este novo corpo, subliñou a responsable autonómica, non significará a supresión dos existentes, e o modelo que se deseñe para a vila arousá poderá trasladarse ó resto de Galicia.

    Vilagarcía pode converterse no Concello piloto que desenrole un novo modelo municipal de atención ás emerxencias complementario ó actual sistema dos parques comarcais. A directora xeral de Protección Civil, Esther González, reuniuse esta mañá coa alcaldesa, Dolores García, para analizar e deseñar as posibilidades deste novo modelo, que reforzaría as actuais dotacións de Protección Civil, e se complementaría coa labor prestada polos bombeiros.

    Sobre a pregunta de si se contempla nun futuro próximo o aumento dos recursos humanos destinados a combate-los incendios en Vilagarcía, a directora xeral de Protección Civil trasladou esta cuestión ó retraso que está a sufrir en Pontevedra a posta en marcha do consorcio provincial de loita contra incendios, co que xa conta A Coruña. O motivo do atraso na nosa provincia débese, segundo a responsable autonómica, ás trabas que aquí está a poñer a Deputación de Pontevedra.

    Pero non só a este modelo de xestión se resiste a Deputación xa que, segundo Esther González, a posta en marcha dos parques de bombeiros de Caldas de Reis, Baiona e A Cañiza tamén están a sufrir atrasos pola súa actitude.

    O novo sistema de xestión que propón a Xunta, incluído na Lei de Emerxencias de Galicia, suporá unha redistribución dos parques comarcais de bombeiros, tanto dos seus recursos humanos coma técnicos, que pasarán a estar dirixidos polo consorcio provincial, e polo tanto, serían operativos en calquera parte da provincia de ser necesario.

    Redacción Salnés